esta noite espertei despois de abrirseme a porta da habitación mentras fuxía nun coche de dous matóns que me perseguían con metralletas, e, non sei o porque, pero decidín nese momento que iba de deixar de escribir aquí porque o fago con desgana, así que esto vai desaparecer, el dictado de los sueños me lo ha hecho dicidir...
7.16.2004
7.12.2004
dende
hai 2 anos e medio perdo tódolos acontecementos (todos todos) nos que soía estar antes, agora xa non teño interés, prefiro facer otras cousas mais comúns, ou o que se lle podería chamar máis aburridas, miro ó meu redor e estamos todos máis ou menos igual...
6.30.2004
aiiiiiiiii......
dóeme toda a boca, dende a punta da língua ata a campaniña e máis abaixo. Sáenme a moas do xuizo, (algo que xa tiña antes de que me sairan espinillas) e dóeme a gorxa, ¿por que, si é vrao? ah! e o un pé, dende fai un mes. Creo que todo esto pide unhas vacacións a berros, sí, sí, sí que o necesito, pero...non sei a donde ir, Croacia? Repúblicas Bálticas? ou simplemente Xixón...
6.23.2004
Isto empeza a liarme,
e non quería porque xa me lío eu sola mirando en internet, só cousas que me axudan a formarme na miña profesión eh...pero como hai tantas cousas sobre deseño 1 2 3 4 na rede, isto podería contabilizarse en meses, anos...así que intento dosificar.
E eu non quería meterme nesto, primeiro porque me parecía unha especie de party line, que chupa o tempo e os cartos e serve para husmear na vida dos demais, PERO cain na conta de que nada de eso é meu cando estou a traballar, así que me vou deixar arrastrar...
6.14.2004
Intenso
fin de semana no pais da eurocopa, nin distintos nin parecidos, iguais. E ademáis perderse nunha aldeia serrana, perderse no tempo, coñecer a década dos 60 e mesturala con costumes un pouco decadentes que se escreben nas novas tecnoloxías.
6.03.2004
É como deixarse levar...
pola marea, ser arrastrado polo paso do tempo, deixando que pasen os minutos, os meses, os anos, esperando sempre por un momento de liberdade antisocial. Qué difícil é deixarse arrastrar!
6.01.2004
sempre igual
Tódolos días son iguas, bueno, onte fixen un recorrido por Compostela e descubrín a agradable sensación de estar noutro sitio, como si estivera de vacacións xa. Sinxelamente teño que borrar a memoria histórica que teño con esta cidade e imaxinar que estou de tourista, é outra forma de ver as cousas. Hoxe farei o mesmo cunha película no cine...
